
QUE É UNHA CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE OU PLE? Un PLE un novo enfoque de aprendizaxe informal, que surxe dun uso eficiente das tecnoloxías. Esta maneira de aprender necesita dun aprendiz formado, que se fixe os seus propios obxectivos de aprendizaxe. É un proceso no que non hai avaliación, no que a aprendizaxe circula movido polos intereses, no que cada aprendiz escolle os seus mestres, ferramentas e contidos. Non é unha maneira de ensinar: é unha maneira de aprender. O PLE é a posibilidade que nos dá internet de utilizar un conxunto de ferramentas gratuítas, recursos e fontes de información, e de facer contactos cun conxunto de persoas para aprender e desenvolvernos profesionalmente no noso ámbito de competencias. Na cal se distinguen tres compoñentes principais: ferramentas, recursos e persoal de aprendizaxe. O MEU PLE: EXPANSIÓN DO MEU PLE: FEEDLY Feedly é un servizo que nos permite subscribirnos en diferentes páxinas de maneira qu...