QUE É UNHA CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE OU PLE?





Un PLE un novo enfoque de aprendizaxe informal, que surxe dun uso eficiente das tecnoloxías. Esta maneira de aprender necesita dun aprendiz formado, que se fixe os seus propios obxectivos de aprendizaxe. É un proceso no que non hai avaliación, no que a aprendizaxe circula movido polos intereses, no que cada aprendiz escolle os seus mestres, ferramentas e contidos. Non é unha maneira de ensinar: é unha maneira de aprender.


O PLE é a posibilidade que nos dá internet de utilizar un conxunto de ferramentas gratuítas, recursos e fontes de información, e de facer contactos cun conxunto de persoas para aprender e desenvolvernos profesionalmente no noso ámbito de competencias.

Na cal se distinguen tres compoñentes principais: ferramentas, recursos e persoal de aprendizaxe.


O MEU PLE:



EXPANSIÓN DO MEU PLE: FEEDLY




Feedly é un servizo que nos permite subscribirnos en diferentes páxinas de maneira que nos facilita aforrar tempo, ou non ter que revisar unha a unha todas as fontes de noticias. É un lector de RSS que permite organizar e acceder rápidamente dende un navegador web ou unha das súas aplicación para teléfonos intelixentes a tódalas noticias e actualizacións de diferentes páxinas.


Probei o servizo e comprobei a súa utilidade, xa que a maioría das miñas fontes de interese dispoñen de RSS, polo que considero que é un recurso moi recomendable pola súa versatilidade e sinxeleza, é de uso moi sinxelo e intuitivo.







OUTRAS FERRAMENTAS:





WAKELET: É unha plataforma de curación de contidos que me permite gardar tweets, artigos,vídeos e outros contidos en liña para usalos máis tarde. Os contidos que gardamos gárdanse en coleccións ou wakes, que á súa vez se poden facer públicos ou mantelos en privado.

SCOOP. IT: É outra ferramenta potente de curación de contido que nos axuda a realizar procuras e conseguir información de calidade, pódenos servir tamén para inspirarnos e facer publicacións moito máis atractivas sobre diversos temas ou " topics". Podemos tamén engadir información sobre publicacións de terceiros xerando engagement.
DIIGO: É unha aplicación que permite almacenar as URL das páxinas web que visitamos, é un marcador social. Ademais permite seleccionar contido e logo sacar un rexistro, coma se estuvieramos subliñando sobre as páxina.




O MEU PLE ACTUAL:



PARA SABER MÁIS:





Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación de Cecilia

Reflexionando sobre a orientación laboral, a desigualdade, a brecha salarial, a xustiza social e outr@s vari@s....