Os PLE por @SaraiHervella

                             




Sobre os Entornos Persoais de Aprendizaxe (PLE)


Personal Learning Enviroment



  • Que é un PLE?

Cando falamos de PLE, estámonos a referir a un ecosistema na web 2.0 con ferramentas que usamos para aprender e informarnos de forma moi persoalizada, autónoma e informal.
O PLE tamén se refire ademais ás actividades e ás conexións que temos, que facemos, que compartimos na rede e con quen!
É importante recordar que é un concepto ligado a internet, a como usamos os recursos en rede para informarnos e aprender. Os PLE non contemplan avaliacións nin titulitis, xa que non teñen unha estructura formal, polo tanto pode ser moi creativo! Cada persoa conta cun PLE diferente.
Polo tanto, a nosa aprendizaxe vai ir  ligada á cantidade de recursos que coñezamos e ó noso interese por ampliar esta caixa de ferramentas.
Buscas, creas, lees, publicas, organizas e compartes online? Iso é o teu PLE.


  • Como está o meu PLE


O meu PLE actual pode resumirse na seguinte imaxe


  • Expasión do meu PLE


Preséntovos Feedly, unha nova ferramenta recén engadida ao meu PLE con moita utilidade para aforrar tempo buscando webs e url en internet. Engade todas as túas páxinas preferidas que visites a diario neste espazo e che indicarán cantas actualizacións tes aínda sen ver!

Cómo funciona? Precisas páxinas web que teñan RSS, é dicir que teñan o servizo que che permita recibir unha notificación cada vez que publican algo novo. Acabouse andar a mirar a páxina da Xunta 5 veces ao dia por si publicaron iso que estás agardando!

A continuación podedes ver as categorías temáticas que teño agora mesmo no meu perfil de Feedly, por si vos pode inspirar para facer as vosas:



Unha das dificultades coas que me atopei é que moitas das páxinas que sigo ou que leo cada día non dispoñen de RSS, polo que non é posible engadilas ao Feedly. Agardo que nun futuro próximo, a meirande parte das entidades que dispoñen de páxina web (a maioría) engadan este sistema para facilitarlle a vida á xente que os segue. Outra opción posible sería suxerirlle a estas entidades que creen este sistema.

Que saibas que, aparte da ferramenta Feedly tamén hai outras similares que podes probar:






A continuación déixovos un vídeo moi académico e interesante para que teñades mais clara a idea do PLE, da man do docente Jordi Adell 




Queres saber máis? Bótalle un ollo a estas ligazóns:

Aika PLE
Educalab PLE
Revista Unir PLE

Anímate e expande o teu PLE hoxe con estas novas ferramentas!



Grazas por ler!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación de Cecilia

Reflexionando sobre a orientación laboral, a desigualdade, a brecha salarial, a xustiza social e outr@s vari@s....