PERSPECTICA DE XÉNERO NA ORIENTACIÓN LABORAL

PERSPECTIVA DE XÉNERO NA ORIENTACIÓN LABORAL

1.1 Parte teórica da sesión.

O pasado sábado 22 de setembro, as compañeiras de Oriéntate en Galicia tivemos a sorte de poder ter a Margarita Valcarce na nosa aula do Posgrao de Orientación Laboral para compartir con nós unha sesión titulada “A perspectiva de xénero na orientación laboral”.

A sesión dividiuse en dúas partes, a primeira máis teórica onde se nos introduciron conceptos clave moi interesantes e pinceladas de historia, e unha segunda onde nos puxemos mans á obra cunhas preguntas clave na cabeza para tratar o currículum cego ou oculto.
Interésache saber máis? Sigue lendo!
Margarita Valcarce, para introducirnos no inicio da  loita pola igualdade entre homes e mulleres propúxonos un salto no tempo ata a Revolución Francesa, que inda que marcou o inicio da historia contemporánea, non tivo en conta o recoñecemento dos dereitos das mulleres.


Antes de entrar en materia é moi importante ter claro algúns conceptos fundamentais, por iso falamos de tres conceptos: sexo, xénero e perspectiva de xénero, de maneira que tiveramos moi claro que o sexo ven determinado pola natureza e sen embargo o xénero é algo aprendido, polo que pode ser educado e modificado.
Introducímonos de fondo na materia pasando dos datos históricos á problemática actual ca que se atopan as mulleres hoxe en día no mercado laboral como son:
    - Dificultades de  conciliación entre a vida familiar e laboral
    - Mulleres maiores de 40 anos que buscan traballo por primeira vez
    -Traballos de peor calidade como consecuencia do patriarcado social
    - Diferenzas salariais entra homes e mulleres
    - Segregación tanto vertical como horizontal
    - Maior taxa de paro entre mulleres que entre homes
    - Representación política maioritariamente masculina
Por último, pero non menos importante, abordamos diferentes tipos de discriminación como son a directa e indirecta, recollidas na OIT do ano 2003 e que podería evitarse cunha educación igualitaria. Este tipo de discriminación pódese ver moi ben reflectida no documento “La hora da la igualdad en el trabajo”, que podemos consultar no apartado ligazóns de interese.
Como colofón a esta parte teórica reflexionamos sobre a importancia que ten a figura do orientador/a laboral e que Margarita Valcarce,moi acertadamente, comparou coa figura do "Escriba sentado": Escoitar, Observar e Rexistrar.


1.2 Parte práctica da sesión; Currículum Oculto ou Cego.

Na segunda parte da sesión traballamos co curriculum cego. O exercicio grupal consistía converter un currículum en formato Europass a un currículum oculto.



Entre as compañeiras tivemos bastantes dúbidas sobre que aspectos do currículum modificar, chegando á conclusión de que calquera dato que denotase xénero, sexo, idade, etnia ou nacionalidade da persoa deberíase agochar, reducindo así unha posible discriminación por estereotipos culturais da persoa que faga a criba.
A dúbida que nos xorde, e que deixamos aberta para que lle dedes unha volta, é a seguinte, serve o curriculum cego para eliminar a discriminación no acceso ao emprego?

1.3 Para saber máis.

1.4 Conclusión.

A brecha da desigualdade entre homes e mulleres é inmensa e aínda que aos poucos ímola pechando quédanos aínda moito camiño por percorrer.
Non máis teitos de cristal nesta sociedade, axudemos a rompelos a través dunha orientación educativa e laboral igualitaria e inclusiva.




Para rematar este resumo grupal que mellor maneira  que a través dos tweets máis destacados da sesión de Margarita Valcarce.



Grazas polo teu interese! Próximamente novos artigos agardándote!






Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PLE: Entorno personal de aprendizaje

Reflexionando sobre a orientación laboral, a desigualdade, a brecha salarial, a xustiza social e outr@s vari@s....