Reflexionando sobre a orientación laboral, a desigualdade, a brecha salarial, a xustiza social e outr@s vari@s....
Escribo esta reflexión no “Dia Internacional para a erradicación da
pobreza”. Celébrase cada ano o 17 de outubro. Foi recoñecido
por Nacións Unidas en 1992, pero a primeira celebración foi en París, no 1987,
cando a través dunha convocatoria organizada por Joseph Wresinski, fundador do Movemento
Internacional ATD Cuarto Mundo, máis de 100.000 persoas reuníronse na praza do
Trocadero para manifestarse a favor dos Dereitos Humanos e a liberdade en honra
ás vítimas da pobreza, a fame, a violencia e o medo.
Dia xa de por si significativo. Algo que
vemos todos os días @s que traballamos en entidades de iniciativa social. As
cifras son demoledoras ...
En pleno século XXI, repito, XXI, segue a haber uns poucos
( e póñoo en masculino porque todos eles son homes) que o teñen todo e
moitos/as que non teñen nada … Nesta
aldea global na que vivimos, algo mais de 767 millóns de persoas están
afectadas por pobreza extrema. ¿Cómo é posible que as 8 persoas mais ricas do
mundo acumulen tanta riqueza como case a metade da poboación de todo o mundo? Que
non é indignante? Vaia que non....!
Que haxa uns cantos que lle interese que
mais da metade da poboación mundial viva por debaixo do umbral da pobreza,
porque con elo conseguen para eles mais fortuna, cando pouco é indignante: para
que “catro” sexan mais ricos, millóns de persoas teñen que emigrar, non poden
ter acceso a educación, salarios dignos, vivenda digna, etc.. en definitiva, a
unha vida digna.
E non, non temos que ir a países
subdesenvolvidos para ver estas situacións, témolos ao noso carón, cada dia,
por desgraza, mais cerca. En Galicia, pechamos o 2017 con case un 18% da
poboación galega en risco de pobreza pese a que nos inundan os discursos de
recuperación económica. A nivel estatal un total de 12.338.187 persoas, é dicir
un 26,6% da poboación residente en España está en risco de pobreza e/ou de
exclusión social (Informe AROPE 2018)
E
delas mais da metade son mulleres ou nenas. E por que? Pois porque os traballos
que ocupamos as mulleres están peor pagados, teñen menos recoñecemento, realizamos
un traballo invisible non acorde coa categoría profesional recoñecida no
contrato laboral, tanto a nivel de salario como de recoñecemento profesional,
ademais da dobre xornada; porque neste século XXI, todavía son en gran medida, as
mulleres as que asumen as tarefas relacionadas co coidado familiar, o que
conleva a non aceptar determinados traballos por non poder conciliar a vida
profesional coa familiar ou a aceptar postos
con menos responsabilidade e menos salario, entre outras cousas.
A nosa porta chegan cada día mais
persoas buscando axuda para atopar un emprego. A gran maioría delas, mulleres.
Con todo, trátase de persoas con formación, con pouca formación, con formación
non homologada, sen traballos anteriores ou con moitos empregos anteriores, na
maioría dos casos, en precario ( sen recoñecemento dos seus estudos, ou sen
contrato).
E cada vez, son mais as persoas
inmigrantes de orixe venezolano que acoden a nós na busca dun emprego ou
simplemente de axuda para comezar unha vida en España, coas que “pouco” podemos
facer no ámbito laboral.
¿Por qué? Porque no teñen os papeis en
regra; saíron do seu país como puideron, as veces (as que mais), cunha man
diante e outra detrás, deixando alí todo o que tiñan: fillos, fillas, nais,
pais, irmáns, amizades, casas, coches, propiedades, empresas, traballos,
estudos (ás veces non lle chegan os cartos para pagar os tan inalcanzables
“apostillados”, porque superan os 1000€ e/ou a burocracia fai que tarden meses,
ou nalgúns dos casos, se perdan os documentos e teñan que comezar de cero todo
o proceso, incluído o pago das taxas). Porque nos falan de secuestros, roubos a
plena luz do día, de horas e horas facendo colas para mercar leite, carne,
produtos hixiénicos, medicamentos, e cando lle chega a súa quenda o produto
esgotouse ou situacións case que surrealistas nestes tempos.Por non falar de
persoas maiores de 70 anos que veñen a ver se coñecemos algún traballiño para
el ou ela, porque a pesar de estar xa xubilado/a, a pensión xa fai dous anos
que o Goberno venezolano non lla envía por non estar residindo alí e non teñen
dereito a ningunha axuda en España, porque “ supostamente” teñen unha pensión
de xubilación...
O que nos leva a pensar outra vez nos
intereses duns a costa de outros/as.... e seguimos indignándonos!
Así que, e sempre partindo do feito de que poucas
persoas emigran por gusto, porque “nalgún
lugar, todos e todas somos estranxeiros/as”, poñémonos mans a obra a tentar
axudarlles coas ferramentas que temos tanto a nivel social como laboral. Porque
as persoas somos un todo, non cubículos que poden separarse uns doutros.
Necesitan axuda para solicitar un numero de conta bancaria para solicitar unha
prestación, axuda para presentar os papeis para conseguir un NIE, axuda para
conseguir un alugueiro mais barato, para solicitar unha beca de estudos para o
seu fillo/a, axuda para cubrir papeis e saber cales teñen que presentar, axuda
para atopar un emprego,...
E as
veces, as nosas ferramentas se quedan escasas para tentar axudar a un condutor/condutora
de camións, a un empresario/a a unha traballadora social, a unha funcionaria de
carreira, a un enxeñeiro de camiños, a unha enxeñeira en telecomunicacións, a
un avogado ou avogada, na búsqueda dun emprego, xa que atopar emprego aquí “de
lo suyo” pode ser unha tarefa tremendamente complicada, xa non só por non ter
homologados os seus estudos, senón por non ter permiso de residencia, de
traballo, etc... O proceso se presenta largo e tedioso, que ademais de ter que
homologar, é probable que teñan que volver a sacarse os carnés de conducir, as
titulacións, ... cada caso ten as súas especificidades. Procesos complicados
pero non imposibles.
E mentres iso non chega que? Pois tentan
atopar traballos “de lo que sea, lo importante es que entre dinero en casa para
mantener a la familia y cubrir gastos”; traballos sen cualificación ou sen
contrato, facendo “horas en casas”, con xornadas laborais eternas e con
escasísima remuneración, ...
Así que por todo elo, neste 17 de
outubro de 2018, tan só me queda dicir que non é verdade que as cousas vaian mellor,
que a xustiza social segue a ser soamente unha utopía, que queda moito camiño por andar,
que temos que facer mais, moitísimo mais, incluso as veces saíndonos do guión
preestablecido, poñendo todas as ferramentas ao noso dispor para tentar axudar
a aquelas persoas que orientamos.
Xa me dicía a miña avoa Isabel, que era
“defensora das causas perdidas”, o que eu sempre lle respondía que “Sol@ no
puedes, pero con amig@s sí”. Así que, amig@s... Outro mundo é posible,
aportemos cada día un graniño de area mais e pouquiño a pouco acadaremos un
mundo mais xusto para todos e todas. Imos a elo!
Para saber mais:
Comentarios
Publicar un comentario